O programa europeo Erasmus+ financia a realización da FCT no estranxeiro. Os destinos típicos son Lisboa para Ciclo Medio e Dublín para Ciclos Superiores.
Criterios de selección de participantes (dous puntos cada un):
- Expediente académico.
- Resultado da proba oral e escrita, realizada polo profesorado de lingua estranxeira.
- Certificados oficiais A2/B1/B2/C1/C2.
- Asistencia ás actividades de preparación lingüística e do programa (conferencias, etc.)
- Criterios actitudinais como madurez e responsabilidade do alumno/a, valorados polo Departamento de Orientación e equipo docente do ciclo.
Actualización para Ciclos Superiores (09.09.15):
Na actualidade o MECD adxudica directamente as súas propias bolsas “erasmus.es” ao alumnado solicitante, quedando exento dos criterios de selección anteriores.
Mentres esta situación continúe, as bolsas Erasmus+ poden ser solicitadas en calquera momento polo alumnado do IES San Clemente, mesmo para realizar prácticas non curriculares ou de titulados, asignándose por orde de solicitude (sempre dando preferencia ás FCTs).
Exclusión:
Os alumnos con mala actitude ou que manifesten discrepancias coa filosofía de internacionalización do centro, non poderán realizar prácticas no estranxeiro. A decisión pode ser tomada polo equipo docente en xunta de avaliación.
Máis información sobre Erasmus+
Preguntas frecuentes