Actualizado a 07.10.22
Índice:
- Pódense realizar prácticas no estranxeiro sen gozar dunha bolsa Erasmus+?
- Pódense realizar prácticas no estranxeiro despois de finalizar o ciclo?
- Pódense realizar prácticas non curriculares no estranxeiro antes de finalizar o ciclo?
- Cales son os seguros e as coberturas?
- Hai límite de idade?
- É importante que o meu titor ou titora saiba que teño interese en realizar a FCT no estranxeiro?
- Podo realizar prácticas Erasmus+ en calquera destino?
- Cando se solicita?
- Cando se sabe se es seleccionado/a?
- Erasmus+ inclúe algún tipo de curso de idiomas no país de destino?
- A formación lingüística en orixe é só para o alumnado seleccionado?
- Cal é o papel do IES San Clemente?
- Cales son as obrigas do alumnado?
- Cales son as contías das axudas?
- As axudas son compatibles con outras fontes de financiamento?
- Canto dura a mobilidade?
- Como se certifica a mobilidade?
- Cal é o límite de bolsas que se poden conceder á mesma persoa?
- Podo volverme atrás en calquera momento?
- Teño outras dúbidas. A quen podo preguntar?
Pódense realizar prácticas no estranxeiro sen gozar dunha bolsa Erasmus+?
Si, pódese realizar con fondos propios.
No caso das FCTs a Consellaría de Educación concede unha axuda que se cobra seis meses despois de finalizar o período de prácticas.
Pódense realizar prácticas no estranxeiro despois de finalizar o ciclo?
Si, no período dun ano desde a data da avaliación final.
Pódense realizar prácticas non curriculares no estranxeiro antes de finalizar o ciclo?
Si. Son prácticas no estranxeiro que se realizan en calquera momento do curso escolar, sempre e cando non interfira cos estudos. Tamén recén titulados durante un ano desde a data de titulación. A asignación destas prazas está condicionada a que non as soliciten outros alumnos para faceren a FCT. Atenderanse os criterios de selección publicados.
Cales son os seguros e as coberturas?
O alumnado que realiza a FCT está cuberto por un seguro da Consellaría de Educación, para accidentes e responsabilidade civil no posto de traballo.
É obrigatorio viaxar coa Tarxeta Sanitaria Europea para o caso de doenza.
Ademais, todo o alumnado que realice calquera tipo de mobilidade (FCT, prácticas extra curriculares, de recén titulado, de estudos), terá un seguro privado 24h. que cobre doenza, accidentes, responsabilidade civil e repatriación.
Non.
É importante que o meu titor ou titora saiba que teño interese en realizar a FCT no estranxeiro?
Si.
Podo realizar prácticas Erasmus+ en calquera destino?
Podes realizar prácticas Erasmus+ en calquera país da Unión Europea.
Publícanse cada curso as convocatorias de prazas Erasmus+. Normalmente hai un prazo de solicitudes en outubro e outro en febreiro.
Se estás fóra de prazo podes consultar se quedaron prazas dispoñibles enviando un correoe a: erasmus@iessanclemente.net.
Podes solicitar a praza cubrindo este formulario.
Cando se sabe se es seleccionado/a?
Se houber menos solicitudes que prazas: cando finalice o prazo.
No caso de haber máis solicitudes que prazas aplicaranse os criterios de selección e publícase a lista de seleccionados.
Erasmus+ inclúe algún tipo de curso de idiomas no país de destino?
Non. Só contempla a posibilidade de realizar un curso en liña a través da plataforma OLS – EU Academy.
A formación lingüística en orixe é só para o alumnado seleccionado?
Non, é para todos os solicitantes de bolsa Erasmus+. Normalmente realízase durante o ano académico, antes da selección de participantes. Para certas linguas existe unha aplicación en liña para a aprendizaxe de linguas (OLS – EU Academy) que substitúe o curso presencial.
Cal é o papel do IES San Clemente?
O centro desempeña o papel de socio de envío: selección de participantes, preparación lingüística e cultural en orixe, xestión da documentación, pagamento da bolsa e xestión do seguro, titoría, certificación mediante Europass Mobility, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.
Contamos con socios intermediarios nalgúns dos destinos, coas seguintes funcións: axuda na selección de empresas, seguimento e atención a participantes, información a titores, avaliación do proxecto e divulgación dos resultados.
Cales son as obrigas do alumnado?
- Busca de empresa.
- Xestión da viaxe e do aloxamento.
- Participar nas actividades de difusión: publicacións en EixoTIC, etc.
- Realizar o test inicial de idioma e o informe final de Erasmus+.
- Realizar o traballo práctico acordado na empresa, cumprir os horarios, etc.
Cales son as contías das axudas?
Exemplo de FCT de Ciclo Medio en Portugal:
- Erasmus+: Sobre 3 500 € (varía en cada convocatoria).
- Consellaría de Educación: 1 350 € (incompatible con Erasmus+).
Prácticas de Ciclos Superiores:
- Erasmus+:
- Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Noruega, Suecia: 460 euros ao mes (710 para beneficiarios de bolsa MEC o curso anterior)
- Alemaña, Austria, Francia, Grecia, Italia, Malta, Países Baixos, Portugal: 410 euros ao mes (660 para beneficiarios de bolsa MEC o curso anterior).
- República Checa, Estonia, Bulgaria, Hungría: 360 euros ao mes (610 para beneficiarios de bolsa MEC o curso anterior)
- FCT: Recibirán a bolsa Erasmus+ puntualmente e a maiores a bolsa da Consellería uns meses máis tarde polos importes que se indican a continuación:
- Austria, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Italia, Suecia: 840.
- Alemaña, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovenia, Grecia, Holanda, Luxemburgo, Portugal, República Checa: 666.
- Bulgaria, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, Malta, Romanía: 405
- Axuda do IES San Clemente:
- 200 €.
Importante:
- Todas estas axudas son para pagar a viaxe, a manutención e aloxamento.
- As axudas Erasmus+ cóbranse: 80% antes da mobilidade e 20% despois da mobilidade.
- As axudas da Xunta cóbranse entre catro e seis meses despois da mobilidade.
- Os importes aproximados xa que o importe final depende de varios factores: medio de transporte que se use, número exacto de días, ter recibido bolsa do MEC o curso anterior, convocatoria, etc.
As axudas son compatibles con outras fontes de financiamento?
Do lado de Erasmus+, son compatibles con outras bolsas e con remuneración da empresa (ver nesta páxina o documento “preguntas frecuentes”).
A FCT en empresa dura exactamente 11 semanas. Pódese viaxar uns días antes do inicio e regresar uns días despois do fin.
As prácticas extra curriculares duran no caso do ciclo medio un mínimo de 1 mes e para ciclos superiores mínimo de 2 meses.
Como se certifica a mobilidade?
O IES emite dous certificados, o Europass Mobility coa descrición detallada da mobilidade e o anexo ao Suplemento Europass, que é un certificado oficial en español e inglés onde consta o expediente académico e as horas das mobilidades Erasmus+.
Cal é o límite de bolsas que se poden conceder á mesma persoa?
Pódense desfrutar até 12 meses (continuos ou descontinuos) en total para prácticas de ciclo medio (incluídas as feitas noutros ciclos, noutros centros) e 12 meses para prácticas de ciclos superiores (de calquera ciclo, en calquera centro).
Podo volverme atrás en calquera momento?
É posible renunciar á praza pero hai que tentar evitalo porque pode ser prexudicial para outros candidatos ou para a relación que o IES San Clemente ten coas empresas.
Quen teña unha praza asignada e non poida desfrutala (por renuncia, por suspender, etc.) e queira solicitala de novo noutra convocatoria, pasará ao final da lista.
Se durante a realización da mobilidade alguén abandona, ten que devolver integramente o diñeiro da bolsa.
Teño outras dúbidas. A quen podo preguntar?
Podes escribir un email a erasmus@iessanclemente.net