Carta Erasmus

English version

Que é a carta Erasmus?

A carta Erasmus é un documento que concede o Organismo Autónomo de Proxectos Europeos ao instituto recoñecendo a idoneidade deste para a organización de mobilidades de alumnos en Europa.

Para que nos serve a carta Erasmus?

  • Os estudantes do IES San Clemente, grazas a carta Erasmus poderán facer o módulo de Formación en Centro de Traballo (FCT) no estranxeiro.
  • O período de realización das prácticas será de 10 semanas e grazas a carta Erasmus os alumnos recibirán unha bolsa do Organismo Autónomo de Proxectos Europeos.

Se son un alumno do IES San Clemente, como podo conseguir unha bolsa Erasmus?

Os requisitos para poder obter unha bolsa Erasmus son:

  • Estar cursando 2º curso dun Ciclo Superior de Formación Profesional
  • Estar en condicións de ir a FCT, é dicir, ter superados todos os módulos de 1º e 2º antes do período de realización da FCT, que é:
    • Ciclos de diúrno: de abril a xuño (aproximadamente)
    • Ciclos de adultos (tarde): de outubro a decembro

Os alumnos que cumpran todos os requisitos e estean interesados en realizar o período de FCT no estranxeiro entrarán nunha selección na que se terá en conta principalmente:

  • Que o alumno estea a cursar módulos en bilingüe
  • As cualificacións obtidas no ciclo polo alumno

Se obteño a bolsa Erasmus, cubrirá esta todos os gastos de aloxamento e manutención no estranxeiro?

  • Non, a bolsa Erasmus representará aproximadamente un 40% dos gastos que terá o alumno no estranxeiro

Existen outras bolsas que poidan complementar a Erasmus?

  • Si, existen outras bolsas que poden complementar a Erasmus e que nós solicitamos, pero non son convocadas todos os anos, por exemplo, as de Caixa Madrid, as da Consellería de Educación ou as do MEC, polo tanto depende das convocatorias do ano en curso.

Por exemplo:

      • Curso 2008/2009: o IES San Clemente obtivo axudas da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
      • Curso 2009/2010: obtivéronse as axudas do Programa Erasmus, algúns alumnos obtiveron un complemento á bolsa do MEC e outro alumno obtivo unha bolsa de Caixa Madrid complementaria á Erasmus.