Do 14 ao 16 de marzo celebrouse en Lisboa a conferencia anual eTwinning 2013, con presenza do profesor do IES San Clemente, Marcos Vence Ruibal, que xunto a sete compañeiras do proxecto Pek, the Traveller Flea 3, recolleu o primeiro premio europeo na categoría 16 a 19 anos.
Ademais da entrega de premios celebráronse varios obradoiros, palestras, exhibicións e mostras nos stands.
O stand do noso proxecto estaba decorado cos materiais creados polos alumnos: páxinas de comic, cuncas, marcadores e camisolas. Entre outras cousas, amosaba o proceso de creación dunha páxina de cómic, o control das versións en diferentes línguas, fotos dos alumnos, etc.
Máis información:
- Artigo da Embaixada eTwinning Galicia
- Artigo completo do SNA español
- Pek, a Pulga Viaxeira 3:Vídeo introductorio–Entrega do premio
- Vídeo da palestra: How to create a comic page
- Nova do IES San Clemente: Pek conquista Europa