Pek, the Traveller Flea #3
Neste ano, Pek inicia a súa viaxe en Río de Xaneiro, Brasil. El é quen de atravesar o océano e descubrir novas persoas e tradicións. Mais, despois dunha viaxe a este novo mundo, regresa a Europa nun medio de transporte divertido e revolucionario…
Pek, a Pulga Viaxeira, é un proxecto eTwinning (que forma parte de Comenius, o programa da UE para o ensino escolar). O resultado final é un libro de banda deseñada, feito por varios centros europeos, publicada en todas as súas linguas, en PDF, web e papel.
O equipo de alumnos do IES San Clemente está formado polos seguintes estudantes de 1º SMR: Iván Otero López, Patricia Picón Otero, Alfonso Padín Solla, Gonzalo Busto Musi, Jose Luis Rego Rodríguez, Daniel Vieites Varela, Leonel Lado Silvino, Daniel Codesido Pereiro, Iago Arthaud Meije.
Profesores: Marcos Vence Ruibal e Xosé G. Ucha.
(Toda a información foi publicada nas ferramentas Twinblog e New-TwinSpace que foron desactivadas polo Servizo Central de Apoio).
Máis información en:
Issuu
YouTube
Premio Europeo eTwinning
eTwinning Camp en Croacia