As mulleres traballadoras sofren aínda discriminación salarial fronte aos homes, cobrando un soldo moi inferior, en concreto, un 26,3% menos que os homes. Ademais, a competitividade do modelo español vese desaproveitada debido a que as españolas teñen unha maior e unha mellor formación que os homes.
A pesar diso, seguen incorporándose a sectores con peores salarios e a postos de inferior categoría. As cifras dadas polo Instituto Nacional de Estatística ( INE) falan por si mesmas: Durante 2006, o salario bruto masculino ascendeu aos 22.051 euros mentres que as mulleres percibiron unha media de 16.245.euros.
Carmen Bravo, secretaria da Muller do Sindicato de CCOO, en declaracións a AmecoPress sinalou que ?hai que actuar e aproveitar o potencial humano que representan as mulleres. é necesario facer un diagnóstico dos factores que inflúen para aplicar accións positivas e os novos plans de Igualdade?.
Segundo os datos da Enquisa de Estrutura Salarial, en 2006 había brecha salarial en todos os rangos laborais. Neste sentido, Bravo asegurou que as mulleres continúan ocupando as actividades de menor retribución e as categorías salariais máis baixas, como as actividades sociais, os servizos persoais, a hostalaría e o comercio.
En canto á formación, as mulleres representan o maior número de persoas con titulación media e superior, e ostentan as mellores cualificacións académicas, representando o 26,8% de universitarias traballadoras, fronte ao 17, 2% dos homes.
Os contratos definidos e temporais son maioritariamente femininos e ademais, a retribución dos mesmos é un 32,6% inferior que nos indefinidos.
CCOO incidiu na necesidade de elaborar un novo modelo produtivo que evite á discriminación e aproveite a formación feminina. Para iso, propoñen un diagnóstico da situación laboral de ambos os sexos, para pescudar as principais causas da discriminación salarial e adoptar medidas para eliminala.
Economía – empleo y género; 07 noviembre (08) AmecoPress. Traducción ao galego. G.D.T.