Criterios en la actuación judicial 10/11/2008

Hai poucos días o Consello Xeral do Poder Xudicial deu a coñecer o que considero un documento moi importante para a loita contra a violencia de xénero: Guía de Criterios na Actuación Xudicial.

Son numerosos os puntos que este documento ?elaborado por expertos- propón á consideración xudicial, e tamén a todos os operadores xurídicos e sociais. Desde os dereitos das victimas até o estudo dos protocolos de coordinación; e o cumprimento das penas, a declaración da victima, o delito de quebrantamento de condena, as medidas cautelares, a valoración da proba e do risco, etc. Todo un elenco dos temas mais ordinarios na actuación xudicial sobre a violencia de xero; un elenco que vai permitir os xuíces unificar criterios.

E entre os temas tratados un que me perece crucial: a formación especializada. Entre outras cousas o documento do Consello Xeral do Poder Xudicial di: ?iso no entanto, é evidente que a especialización debe ser algo mais que unha mera concentración do coñecemento de determinados asuntos en órganos xurisdiccionais concretos, con exclusión doutros, e que só adquire sentido se se lle dota dun contido material, vinculado á formación especializada na materia, que esixe coñecer, mais alá da preparación técnica respecto do coñecemento das normas sustantivas e procesuais, o caldo de cultivo da violencia, as súas orixes, causas, significado e manifestacións, como a súa proxección no testemuño e postura procesas de victimas e das restantes testemuñas ou nos informes periciais que emitan os diversos profesionais?.A formación especializada permitirá comprende o por que de de declaracións ambiguas ou falta de concreción das victimas se estes delitos, a diferenza entre as violencias e as concretas agresións, os factores que permiten a permanencia das victimas no ambiente violento, a falta de ratificación das denuncias, as indecisións ou os usos de dispénsaa da obrigación de declarar?.

E por desgraza é formación especializada esta ausente nos profesionais que se ocupan da loita contra a violencia de xénero.

Por certo, este importante documento fai referencia á alerta que se debe ter ante as reaccións machistas en contra desa loita contra a violencia de xénero, así como as aparicións de novos mitos e estereotipos.

En definitiva, aconsello vivamente ler este documento
Recollido en e-leusis.net. Traducido por G.D.T.