Aínda que hai máis mozas nas universidades, despois contrátase a máis mozos

José María Fidalgo explicou que o modelo de crecemento económico caeu en picado e, con el, o emprego, por ser de pouca consistencia. As mulleres téñeno aínda máis difícil, porque viven con hipotéticas cargas que as empresas non queren asumir, como o feito de que poden quedar embarazadas.

Non achegaron cifras que diferencien entre a situación dun bolseiro e unha bolseira, pero, como sinalou o secretario xeral de CCOO, a estas persoas non as poderían tratar peor.
A xente nova esfórzase en estudar, sobre todo elas, que ademais renuncian á súa condición e teñen menos fillos e fillas; e, a pesar dese esforzo, son desprezadas e tratadas como morralla. Ademais, engadiu, a pesar de haber maior número de mozas matriculadas nas universidades, hai maior número de mozos no mercado laboral.
No sector servizos, do que agora se están producindo máis despedimentos motivados pola crise económica, bótase sobre todo ás mulleres, pois adoitan ter contratos con peores condicións.
Desde CCOO aseguraron que van combater esta praga e non van seguir consentindo a utilización do bolseiro/a en as empresas como man de obra gratuíta e sen dereitos, nin permitir que siga aumentando esta forma de emprego cualificado mergullada.
Coa campaña queren conseguir que a mocidade se afilie ao Sindicato, para que sexan estas persoas as que poidan propor as súas propias solucións ante a situación. Vanse a distribuír polas empresas irónicos panfletos para concienciar á xente sobre esta inxustiza socialmente aceptada, ademais de elaborar un vídeo, que pode verse en Internet, que caricaturiza esta realidade.

Outra das cousas que denuncian é que ofrezan prácticas a persoas tituladas, pois xa están cualificadas e deberíallas tratar como punta de lanza da nosa economía, declarou Nuria Rico.
Actualmente, o 24% dos parados e paradas son persoas menores de 25 anos e, anualmente, unhas 200.000 persoas acceden ás empresas privadas e administracións públicas como bolseiros/as. As bolsas non son tan positivas como sempre nos contaron, afirma o folleto, faiche solidario e apadriña a esa persoa que ten as mesmas obrigacións laborais que ti, pero sen os teus dereitos.

Hai empresas nas que o 25% do persoal dun departamento son persoas con bolsa e sen contrato.

Fonte: AmecoPress.Economía- Emprego e xénero; 13 novembro (08) . Traducción: G.d.t