Dentro da Campaña Roupa Limpa, presente en máis de once países europeos, presentouse en Barcelona o libro Fabricado por mulleres que recolle testemuños de traballadoras, investigadoras, activistas e sindicalistas implicadas na campaña. O libro é unha denuncia da situación que viven as traballadoras do sector da confección e do calzado deportivo.
Roupa Limpa pretende conseguir que as condicións de traballo sexan equivalentes ás establecidas pola Organización Internacional do Traballo (OIT) e tamén tentar minimizar o impacto da produción téxtil sobre o medio ambiente. Debido a que unha alta porcentaxe das persoas que traballan na industria téxtil son mulleres, a Campaña integra unha análise por xéneros na súa estratexia e o seu proxecto.
A maioría das persoas traballadoras do sector da confección e do calzado deportivo son mulleres, con todas as implicacións que isto leva. Segundo as organizadoras da campaña as mulleres non só representan a base da economía, senón que tamén son as que se encargan do coidado das súas familias, fogares e mesmo da comunidade. Desde este punto de vista é moi grande o impacto que pode alcanzar as condicións de traballo ás que se atopan sometidas: enfermidades por mor da insalubridad nos postos, cansazo debido a xornadas laborais interminables, malnutrición derivada dos salarios miserables, etc.
A única forma de cambiar a situación das persoas traballadoras é mostrar o lado humano destas mulleres e desafiar á corrente dominante de economistas por non ter en conta os dereitos dos traballadores, afirma Junya Lek Yimprasert, coordinadora da Campaña Tailandesa de Traballo.
Declaracións como as de Junya, e outras dezaseis mulleres de diferentes países e con distintos perfís dentro da loita polos dereitos laborais das mulleres (e homes), pon voz e cara ás condicións ás que se enfrontan cada día tanto nos talleres de costura como nas súas casas e os seus barrios, e son recollidas no libro Fabricado por mulleres.
Fabricado por mulleres non é só un libro de denuncia. A publicación que se presentou en Barcelona pretende ser un altofalante das necesidades e reivindicacións das traballadoras e profunda tamén na necesidade de introducir un enfoque de xénero nos problemas máis flagrantes da industria: mobilidade laboral, cargas familiares das mulleres, inseguridade e insalubridad nas fábricas, os límites da perspectiva de xénero nos códigos de conduta, a crecente informalización do sector, etc.
Fonte: amecco press. Trad. G.d.t.