Hijas de la igualdad, herederas de injusticias. La editorial Nancea publica el libro de María Elena Simón Rodríguez

María Elena Simón Rodríguez, a quien le gusta definirse como feminóloga y maestra de feminismo, continúa así con su labor de escritora que compagina con la formación, divulgación e investigación.
Licenciada en Filoloxía Moderna, Elena Simón foi durante máis da metade
da súa vida profesora de Instituto, labor que compaxinou durante anos coa
autoformación e a pertenza a grupos de traballo.

Desde 1980, en que se fundou o Feminario de Alacante, desenvolve tarefas de Formación e divulgación da Coeducación, Linguaxe non sexista, Feminismo e Xénero, dirixidas a públicos moi diversos. é coautora de 8 libros colectivos e autora de artigos e relatorios en revistas e publicacións especializadas. Colabora como docente ou como experta en varias Universidades e institucións, dentro e fóra de España.

 

O libro describe como na vida das persoas
nacidas nas décadas do setenta e oitenta coexisten moitas formas de
desigualdade, inxustiza a secas, disimuladas baixo espellismos de igualdade.
Móvense entre os límites dun chan pegañento e un teito de cristal, invisibles
ambos tras o veo dun sexismo sutil de cargas familiares e dispoñibilidade
amorosa, que hipotecan os seus tempos e espazos, e de obstáculos e prexuízos
sobre a súa valía, que entorpecen o desenvolvemento das súas carreiras
profesionais e laborais
. Son, ademais, poboación de risco para a violencia de
xénero en todas as súas manifestacións.

María Elena Simón Rodríguez é
Formadora de Xénero e Coeducación. Continuamente pulsa a realidade de numerosas
persoas que acoden aos seus cursos, conferencias ou sesións de traballo e
debate, deica que o seu propósito principal sexa abrir os ollos de quen, sen
sospeitalo, están expostas a caer nas trampas e a pisar as minas ocultas do
machismo resistente.

No seu novo libro expón e esclarece sobre
cuestións básicas da igualdade entre mulleres e homes no contexto actual. Así,
fálanos das novas caras do sexismo, da violencia de xénero contra as mulleres,
da situación específica das mulleres migrantes e estranxeiras, da aplicación do
concepto de igualdade á democracia, o poder político e os proxectos vitais.

Elena Simón tamén se fai eco no seu libro das voces de mulleres e de
alternativas necesarias: saldar a débeda cultural, repensar o amor, erradicar a
violencia de xénero, recalcular a economía, harmonizar os proxectos vitais,
repartir poderes.
Son propostas incluídas en Fillas da igualdade, herdeiras de
inxustizas, co obxectivo de avanzar na igualdade e dar resposta aos
interrogantes do século XXI desde o punto de vista do Feminismo.

Fonte: Amecco Press / Traducióna ao galego, G.D.T.