Las españolas dedican a las tareas domésticas el triple de tiempo que los hombres

As mulleres españolas dedican diariamente unha media de 4.55 horas ao traballo doméstico fronte ás 1.37 horas dos homes, tres veces máis tempo que eles, segundo arroxa o estudo Ao redor da familia española: Análise e Reflexións desde Perspectivas Sociolóxicas e Económicas da Fundación de Caixas de Aforros (FUNCAS). España e Italia son os países da Unión Europea onde existe unha maior diferenza entre sexos á hora de repartir as tarefas do fogar, moi afastados dos seus veciños do norte como Suecia, Noruega e Reino Unido, onde hai unha distribución máis igualitaria.
Tamén España e Italia son os países comunitarios con menor gasto en servizos familiares, aínda que o estudo recoñece o incremento 'substancial'; rexistrado en España nos últimos anos na porcentaxe de nenos menores de tres anos que asisten a gardarías públicas. A pesar diso, só un 10% dos pequenos están atendidos en centros públicos fronte ao 56% en Dinamarca, 43% en Francia, 41% en Suecia ou 35% nos Países Baixos. As cifras varían cando se trata de nenos de tres a cinco anos, dos que practicamente o cento por cento pasa o día no colexio durante a maior parte do ano.
A este respecto, 'España sitúase á vangarda da UE';, subliña no informe unha das súas autoras, Celia Valente, profesora da Universidade Carlos III de Madrid.
Outro dos aspectos que aborda o estudo é 'a función nuclear da familia: a reprodución', sobre o que outro dos autores do informe, o profesor Luís Garrido Medina, catedrático de Sociología da UNED, sinala que o Estado trata de 'mercantilizar'; ás familias e o efecto máis patente é a redución da natalidade. Segundo este autor, 'os individuos, para poder reproducirse, teñen que traballar máis co fin de ser capaces de financiar os servizos que a fatiga laboral diaria impídelles prover dentro de casa';.
Deste xeito, ';o círculo causal aliméntase, dado que, canto máis traballan, menos tempo e menos enerxía dispoñibles quedan para dedicarse á reprodución familiar', conclúe o profesor Garrido. Fonte: Red Feminista. Trad. G.D.T.