El Congreso acuerda tramitar la ampliación del permiso de paternidad de dos a cuatro semanas

A Lei de Igualdade establece a ampliación do permiso de paternidade de 2 a 4 semanas nun período de 6 anos. Con todo, o Presidente do Goberno, comprometeuse a levar a cabo esta ampliación ao longo da presente lexislatura, dixo Soledad Cabezón.

A Secretaria de Políticas de Igualdade do PSOE tamén reafirmou o compromiso do Goberno socialista nas políticas de conciliación e de corresponsabilidade e indicou que nos Orzamentos Xerais do Estado para 2009 xa se incluíu unha emenda para elevar de quince a vinte días os permisos de paternidade para as familias numerosas e as que teñan fillos con discapacidade.

No entanto, Soledad Cabezón puxo de manifesto que este tipo de iniciativas deben estar enmarcadas no acordo do diálogo social e que na Mesa de diálogo social, constituída hai dúas semanas, vaise a incluír esta e outras iniciativas relativas á conciliación da vida laboral e profesional. Ademais, considera que é necesario realizar unha valoración previa do impacto desta medida e contar cos preceptivos informes do Pacto de Toledo.

A Plataforma por Permisos Iguais e Intransferibles de nacemento e Adopción (PPIINA) afirma que a desigualdade entre os permisos de maternidade e paternidade reflicte a concepción de que son as mulleres as que deben ocuparse prioritariamente do coidado e é, por tanto, un residuo do pasado que non reflicte os valores adoptados hoxe en día pola sociedade.

A asociación defende unha reforma mediante a cal se estableza que os permisos por nacemento e/ou adopción deben concederse a cada proxenitor de tal maneira que sexan intransferibles, de igual duración e coa mesma parte obrigatoria. Unha vez que ambos os proxenitores teñan permisos iguais e intransferibles, poderían aumentarse estes permisos ao unísono.

Recordemos que, recentemente a Comisión Europea adoptou unha serie de medidas para facilitar a conciliación entre a vida profesional e familiar, onde se inclúe a ampliación do permiso por maternidade de 14 a 18 semanas.

Fonte: Amecco Press: Tradución ao galego: G.D.T.