Existe o risco de crer que a violencia de xénero é cousa duns poucos homes

Así opina Rafael Soto, de AHIGE, que traballa con maltratadores e para evitar o machismo e os novos casos de violencia

A Asociación de Homes pola Igualdade de Xénero (AHIGE) leva a cabo, entre outros, programas de reeducación de maltratadores. AmecoPress charlou cun dos seus membros sobre as medidas de prevención e a razón pola que casos como o de Barcelona seguen ocorrendo.

A concienciación cidadá volveu porse de manifesto cando, hai uns días en Barcelona, un home agredía cun puñal á súa ex parella en plena rúa e a plena luz do día. é moi positivo. é moi difícil enfrontarse a unha persoa durante unha agresión, sinalou Rafael Soto, traballador social de AHIGE, sobre esta actitude da cidadanía. Protexer, denunciar, manifestarse, son papeis que van ao urxente e son imprescindibles. Da mesma maneira os cambios no día a día, os que crean outras formas de relacionarnos desde a igualdade, os que superan os roles sexistas, e fannos sensibles a esta problemática.

O profesor Neira, que estivo varios meses en coma por axudar a unha vítima de violencia de xénero, e que aínda hoxe se está recuperando, foi nomeado director do Consello Asesor do Observatorio contra a Violencia de Xénero da Comunidade de Madrid. ?Cremos que forma parte do recoñecemento da súa actitude ante a violencia de xénero. Ademais dos seus coñecementos profesionais, pode achegar a súa sensibilidade?, destacou Soto.

Para el, falta moito por facer e desenvolver na lei contra a violencia de xénero e a lei de igualdade. O ministerio de igualdade ten un orzamento 100 veces menor ao de defensa, iso é un dato que nos di que se iniciou unha aposta positiva que debe crecer.

Él é un dos responsables do programa GANDHI, programa levado a cabo en AHIGE para a rehabilitación e reinserción de homes maltratadores. Algúns destes programas de reeducación en moitas ocasións demostráronse ineficaces. ?Xa é importante que existan. Non todo vale e en cada curso debemos transmitir a importancia de chegar ás raíces da violencia de xénero: o machismo. Existe o risco de crer que a violencia de xénero é cousa duns poucos homes. Os homes denunciados e procesados son o reflexo dun permiso social, dunha falsa visión do amor, dunhas relacións desiguais que tamén se manifestan no mundo laboral, na parella, na economía, etc.?

Segundo Soto, o avance na loita contra a violencia de xénero consiste fundamentalmente na educación e a concienciación. é moi importante que a perspectiva integral de xénero e o traballo pola paz estean presentes en todas as facetas políticas e na intervención social.

Preguntado sobre o papel que terían unhas sancións máis duras sobre as accións dos agresores, Soto móstrase crítico: O efecto intimidatorio das sancións penais ten un efecto indiscutible á vez que limitado. Cando un home agride á súa parella sabe que pode enfrontarse a sancións e ás veces non se detén. As penas de prisión deben formar parte dun conxunto de recursos moito máis amplo.
Fonte: Amecco Press. Trad. G.D.T.