Educación convoca 22 premios para alumnos de FP de grao superior

A Administración educativa galega destinará un total de 16.104 euros
para financiar estes galardóns, que se distribuirán entre os premiados
na mesma contía, que será ata de 732 euros por premio.

Os candidatos aos premios extraordinarios de formación profesional
deben ter finalizados os seus estudos de FP específica de grao superior
no ano 2008 nun centro docente galego; e obter unha cualificación final
media de todos os módulos igual ou superior a 8,5. Os candidatos
deberán solicitar o premio na secretaría do centro en que teña o seu
expediente académico, no prazo dun mes a partir do pasado día 4.

Preme para máis información