Poderán facer a matricula aquelas persoas que acrediten encontrarse nun dos seguintes casos:
- Cambio na súa situación laboral.
- Enfermidade prolongada.
- Outras circunstancias que lle impida continuar pola oferta educativa ordinaria ou presencial de adultos.
O interesado deberá remitir unha instancia, acompañada da documentación apropiada, a ao Directora do IES San Clemente.
A instancia poderá enviala por calquera dos seguintes medios
- Por medio postal a:
Sra. Directora do IES San Clemente
Rúa San Clemente s/n
15705 Santiago de Compostela
- Por fax ao número 981572190
- Por email: iessanclemente@gmail.com