O problema da baixa presenza das mulleres nas tarefas científicas da Institución, que viña arrastrándose desde case a creación do propio CSIC, fixo que a Xunta de Goberno aprobase en 2002, a Comisión de Mulleres e Ciencia con dous obxectivos especialmente relevantes: estudar as posibles causas que dificultan tanto o ingreso como a carreira das mulleres e propor á Presidencia posibles accións destinadas a conseguir a igualdade entre mulleres e homes no CSIC.