TAKESHI KAKIHARA, PROFESOR XAPONÉS
PRESENTACIÓN
O xaponés Takeshi Kakihara, profesor asociado na Universidade de Oita (oeste de Xapón) é un estudoso do noso idioma, pois ensina linguas na facultade de Economía: Inglés, Castelán, Galego, etc.
O obxecto do seu estudo é a Política Lingüística de Galicia, dado que se formou en Filoloxía Hispánica e estudou galego dende o ano 2002, completando a súa formación en São Paulo (Brasil).
No ano 2002 comeza a traballar na Embaixada de Xapón en Madrid, viaxando por Galicia e visitando distintos Centros de Ensino Secundario, entre eles o IES San Clemente, que lle facilita o estudo da Normalización do Galego no Centro.
En Setembro de 2009 fixo enquisas de Normalización a varios profesores do Centro.
Participou en actividades, visitou a Catedral cun grupo de alumnos e deu conferencias.
Ten lido artigos e libros sobre a Normalización en Galicia e destaca o seguinte sobre o tema:
- Mellorou o coñecemento do galego por parte da xente nova.
- O seu uso non está normalizado.
- Observa discrepancias sobre o uso da lingua na sociedade.
- Hai moitos medios que usan o galego.
A modo de conclusión indica:
- Que existen dous mundos distintos en Galicia: un en galego e outro en castelán.
- Que se utilice o galego nos diversos medios de comunicación: Internet, televisión por cable, Blogs, etc.
- Que a xente nova tome a iniciativa no eido da Normalización.
De todas as maneiras, é recomendable ver o seu vídeo, onde explica todo isto e moito máis.