O feito de falar castelán durante a súa infancia fixo que Cristina se vira máis dunha vez "salvada". Salvada de non ser insultada ou menosprezada por falar o galego. Compañeiras dela na escola viviron a represión dende a crueldade das crianzas e Cristina cóntanolo tras unha reflexión xa crítica coas situacións que viviu. Ela, agora, é neofalante, unha desas persoas tan necesarias para a defensa da lingua.
Mª Dolores Romero, Loli, naceu en Vilaxoán e é conserveira desde os 16 anos. Loli é un exemplo vivo de como en moitos casos, o galego serve como ferramenta para ser rebelde e insubmisa. E cando alguén menospreza asúa lingua ela está sempre disposta a defendela.
A xornalista Begoña Caamaño cóntanos a súas reflexións sobre a Radio Galega e a nosa lingua.