Violacións "Correctivas"

Thembi (nome cambiado por seguridade), foi sacada dun taxi xunto á súa casa, golpeada e violada por un home que dicía orgullosamente que el a estaba ¨curando¨ do seu lesbianismo.

O de Thembi non é un caso illado. Este horrendo crime é recorrente en Sudáfrica, onde as mulleres lesbianas viven con pánico de ser atacadas. Pero aínda ninguén foi condenado por cometer ¨violaciones correctivas¨. O sorprendente é que un pequeno grupo de activistas está a xogarse a vida para deter esta espantosa práctica, e acaban de lograr que o goberno se sente con elas a falar sobre o problema.

Se dende todos os cantos do mundo unimos os nosos esforzos para botar luz sobre este horror, poderemos aumentar a presión e contribuír a que estas conversacións culminen en accións concretas. Pidámoslle ao Presidente Zuma e ao Ministro de Xustiza que condenen publicamente as "violacións correctivas", que se penalicen os crimes de odio e se persiga inmediatamente os seus responsables, que promovan campañas de educación pública ao respecto, e que aseguren a protección inmediata das vítimas. Asina a petición agora e compártea con todos os teus coñecidos – Cando reunamos un millón de firmas, entregarémosllela ao goberno sudafricano a través de accións espectaculares e contundentes
sudafricano a través de accións espectaculares e contundentes:
http://www.avaaz.org/es/stop_corrective_rape_6/?vl

Sudáfrica, coñecida como a "Nación do Arco da vella", levantou admiración mundial polos seus esforzos na loita contra a discriminación tras o período do 'apartheid'. Foi o primeiro país cuxa constitución estableceu a protección de todos os cidadáns contra a discriminación por motivos de orientación sexual. Pero diversas organizacións locais están a reportar múltiples casos de "violacións correctivas" cada semana e a impunidade predomina.

A práctica da 'violación correctiva' baséase na idea escandalosa e totalmente falsa de que unha muller lesbiana pode 'converterse en heterosexual' se é violada. Este atroz crime nin sequera é considerado como un "crime de odio" en Sudáfrica. As vítimas son a miúdo mulleres negras, lesbianas, e marxinadas. Nin sequera a brutal violación en grupo e o asasinato no ano 2008 de Eudy Simelanede, a heroína nacional e antiga estrela da selección sudafricana de fútbol feminino, logrou darlle un xiro ao problema. A semana pasada, o propio Ministro Radebe insistiu en que o motivo é irrelevante cando se trata de crimes como a 'violación correctiva'.

Sudáfrica converteuse nunha capital mundial da violación. Unha nena sudafricana que naza hoxe ten máis probabilidades de ser violada que de aprender a ler. É algo impensable, pero unha cuarta parte das nenas sudafricanas son violadas antes de cumprir os 16 anos. Son moitas as raíces do problema: a percepción da existencia duns 'dereitos' masculinos (o 62 por cento dos rapaces maiores de 11 anos cren que forzar alguén sexualmente non constitúe un acto de violencia), o empobrecemento, os asentamentos superpoboados, o número de homes desempregados e excluídos, e a aceptación por parte da comunidade. E, nos poucos casos nos que as agresións se denuncian ante as autoridades, encóntranse cunha resposta policial lamentable e unhas decisións xudiciais excesivamente permisivas.

Estamos ante unha catástrofe humana. Non obstante, un grupo de valentes sudafricanas e vos nos vos colegas de Change.org abriron unha ventá de esperanza para actuar contra este tipo de violencia sexual e vos crimes de odio. Xa capturaron a atención do goberno. Se nos unimos agora en todo ou mundo para apoialas, poderemos levar xustiza ás vítimas e lograr que tomen accións concretas e inmediatas para poñer fin ás ¨violaciones correctivas¨:
http://www.avaaz.org/es/stop_corrective_rape_6/?vl
As "violacións correctivas", a práctica brutal de violar as mulleres lesbianas para "curalas da súa homosexualidade, constitúen unha verdadeira traxedia en Sudáfrica. Pero un grupo de activistas estase a xogar a vida para deter estes crimes atroces e xa logrou capturar a atención do goberno. Apoiémolos. A nosa protesta global pode premer o goberno a que tome accións concretas e urxentes.
Casos como o de Thembi pódennos levar a perder a esperanza. Pero cando os cidadáns nos unimos cunha soa voz, podemos transformar prácticas e normas inxustas, por moi arraigadas que estean na sociedade. O ano pasado en Uganda, logramos xerar unha xigantesca onda de presión pública que levou o goberno a retirar unha proposta lexislativa que tería condenado a morte a moitos homosexuais ugandeses. E tamén foi a presión mundial en apoio dun valoroso grupo de activistas nacionais o que empurrou os líderes de Sudáfrica a abordar a crise da SIDA que estaba a apoderarse do país. Unamos as nosas voces agora reclamando un mundo no que cada ser humano pode vivir sen medo a sufrir este tipo de abusos.
Con esperanza y determinación.

Amecco Press. Trad. G.D.T.