En Galicia queda moito por facer

Queda por facer en tódolos sitios, pero aquí, polo de pronto habería que apostar pola nosa xente e o traballo que hai, é moito, feito "na casa", refírome a que no encontro que se vai celebrar en Lalín en poucos días, aparte de non informar convenientemente do mesmo a moita xente que nos pode interesar, as e os ponentes e expertas e expertos no tema veñen tod@s de fóra de Galicia, agás a secretaria Xeral, evidente, e un ou dous ponentes….Non hai xente na nosa terra que leva traballando moitos anos en igualdade en educación para a mesma, e que ten sobrados coñecementos e experiencias?…Coido que si e que se debería de apostar pola xente que está preto da realidade da que se vai tratar. Curiosamente non é a primeira nin a segunda vez que isto sucede. Se o que se pretende é desanimar a toda esa xente que desde moitos ámbitos traballa pola educación e pola igualdade, coido que non é o sistema porque se segue a traballar a cotío e a formar para conseguir, algún día, ter unha educación pública esixente e apreciada pola sociedade, xusta e igualitaria en ódolos ámbitos e iso será feito por xente que está moi preto da realidade galega. É obvio que pode haber xente doutras realidades que nos ensinen e que poidamos intercambiar experiencias, teorías e solucións, pero é moi curioso que moi poucas veces por parte da Secretaría xeral de igualdade se reclame o traballo e o coñecemento de persoas galegas que, insisto, levan moitos anos traballando por conseguir estes obxectivos, sendo igual de profesionais e coa vantaxe de ter a realidade galega traballada a cotío, así como a investigación ada mesma.

Guillermina D.T.