Entre os días 19 e 22 de xullo no Salón Teatro do Auditorio Municipal de Lalín en horario de mañá e tarde, terá lugar o VII Curso de verán 'Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: Educar para a igualdade de trato', coorganizado pola Universidade de Santiago, a través do departamento MIDE da Facultade de CC. da Educación e o Concello de Lalín, a través da Oficina de Igualdade, que conta co apoio da Secretaría Xeneral da Igualdade, Fondo Social Europeo, Deputación de Pontevedra, FEGAMP e Andamiaxe.
Algúns dos obxectivos do curso son debater sobre a educación en igualdade nos ámbitos educativo e social, promover a participación e integración entre escola e comunidade co fin de desenvolver accións que permitan detectar os problemas educativos e sociais que os afectan e achegar alternativas de solución que contribúan a mellorar a sociedade na que vivimos, así como incrementar o número de homes sensibilizados e que participan activamente a favor da igualdade de oportunidades.
O 19 de xullo efectuaranse a conferencias Existen os machos afectivos, Cómo edúcanse? ' e 'Abordar a violencia dende a educación', ademais das mesas redondas 'Violencia contra a infancia e 'Recursos contra a violencia de xénero', esta última estará a cargo de Marta González, secretaria xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, e Miguel Lorente, delegado do Goberno para a Violencia de Xénero do Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade. 'Convivencia sostible na escola',
'Convivencia e corresponsabilidade entre os centros educativos e as familias', 'Educar pacificando' e 'Ocio e convivencia para o éxito na educación comunitaria' serán as catro conferencias que se desenvolverán o mércores, 20 de xullo.
O 21 de xullo presentaranse as conferencias 'Coaching educativo e igualdade de trato' a cargo de Roser Lladó, psicoterapeuta de familia. ICE da Universidade de Barcelona, 'Romper estruturas sociais hexemónicas, patriarcas e heteronormativas, na escola' a cargo do profesor do Departamento de Didáctica e Organización Escolar da Universidade da Lagoa, Fernándo Barragán, e por último, Diversidade sexual e homofobia no sistema educativo a cargo de Belén Molinuevo, antropóloga social e profesora de xénero e sexualidade.
De igaul xeito, o 22 de xullo culminarase o curso coas conferencias 'Relato mediático e igualdade de trato', Imaxe, xénero e educación e 'Resolver os conflitos en harmonía'.
Cabe destacar que o curso contará cun servizo gratuíto de atención especializada a menores de 12 meses a 12 anos, co obxectivo de facilitar a asistencia de nais e pais ás actividades formativas previstas.
Fotos AmecoPress. Traducido por Guillermina