E, por suposto, todo aquilo que rodea aos avances no mundo da igualdade de dereitos e de oportunidades, desaparece, din que custa cartos e que non é preciso manter "institucións" que "xa" non se precisan…
se o que se pretende é substituír as políticas feministas impulsadas ata agora por propostas familistas, opoñerémonos firmemente. As mulleres deben seguir gañando peso social, presenza pública, autonomía económica e mellores condicións de traballo. O ámbito doméstico non é o único no que se producen discriminacións nin desigualdades e as políticas municipais deben implicarse en promover a equidade de xénero en todos os ámbitos da súa competencia: social, cultural, económico e laboral, etc. Produce rexeitamento un modelo tradicional no que a muller era presentada como "a raíña do fogar" onde debía verse realizada. Confiamos en que non sexa este o escenario cara ao que se deslizan as propostas do goberno popular".
isto sucede en albacete pero nos, aquí en Galicia, xa vimos como o traballo feito polo SGI, entre outros organismos, desapareceu radicalmente, sen que ninguén, en xeral, o botara de menos…non é importante que exista….
Guillermina