Olá a todas e todos os que vos acheguedes a este Obradoiro. Comezamos a andaina dun novo curso académico ( 2011-2012)e, como podedes ver, temos que seguir falando de violencia machista, temos que seguir facendo reconto, ano tras ano, de cantas mulleres seguen a estar sometidas, humilladas, e asasinadas por unha das peores causas que pode haber, a violencia machista. Si xa "per se" a violencia é despreciable, aínda o é moito máis cando se produce no seo da intimidade, da relación de parella, onde todas e todos maxinamos, hai unha relación de amor, de respeto, de solidariedade e comprensión, pois non, son moitas as mulleres e, en consecuencia, as fillas e fillos, cando as hai, que sofren a cotío e , moitas veces, en silencio, este tipo de violencia que comeza, paseniñamente, cunha violencia sicolóxica, humillacións, alonxamento de amigas e familiares, prepotencia, para rematar no asasinato cando a víctima xa está anulada coma persoa e, polo tantto, sometida e indefensa.
Todo isto que quere dicir???, pois que temos que seguir traballando para concienciar á cidadanía, para educar no respeto, na erradicación definitiva destes números que acumulamos ano tras ano. Todas e todos facemos falta nesta empresa…por iso seguimos aquí, entre outros cometidos, neste obradoiro de igualdade, para por o gran de area no deserto desde este espazo que tento compartir cada vez con máis persoas de ben, vos. Grazas.
Guillermina domínguez touriño