II CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
- O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o II Concurso de postais de Nadal.
- Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
- Tema: "O Nadal".
- As postais realizaranse sobre cartolina branca tamaño A5. O deseño será libre e deberá incluír algún desexo ou mensaxe para o ano 2012 en lingua galega. A técnica empregada será libre (cor, branco e negro, collage, ceras…).
- A postal irá asinada polo alumnado. No reverso será imprescindible indicar o nome, apelidos e curso do participante. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos.
- O prazo de admisión das postais será até o 3 de decembro ás 12 horas, remitíndose por correo ordinario ao seguinte enderezo: IES San Clemente, Rúa San Clemente S/N, 15705, Santiago de Compostela. Tamén se poden entregar na Conserxaría do Centro.
- Haberá un primeiro premio por valor de 100 € en material escolar e informático, e un segundo por valor de 75 €, tamén en material escolar e informático. Os traballos premiados publicaranse na web do instituto.
- O Instituto San Clemente poderá realizar unha exposición con todos os traballos presentados a concurso e utilizar a postal do 1º premio para enviar como felicitación aos distintos membros da comunidade educativa e externos ao Centro.
- O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá incluír membros externos ao centro.
- O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer na terceira semana de decembro.
- A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.