Salienta que foron os gobernos do PSOE os que situaron "na axenda política" española e europea as medidas de avance das mulleres
O candidato socialista á Presidencia do Goberno, Alfredo Pérez Rubalcaba, advertiu onte ás mulleres que se estas eleccións son claves para todos, aínda máis importantes son para elas, porque o que está en xogo é ?avanzar ou retroceder? en materia de igualdade.
O líder socialista ten claro que co PP "vai haber retroceso nas leis e sobre todo nas actitudes", e nese sentido enmarcou as recentes manifestacións dun destacado dirixente do PP valenciano de que o 20-N ían celebrar o resultado con "champaña e mulleres".
Nunha comida co colectivo de mulleres do PSC celebrada en L?Hospitalet de Llobregat, na que tamén interveu Carme Chacón, o candidato recordou a ejecutoria do PSOE ao servizo do avance das mulleres. Non en balde, destacou, foron os gobernos do PSOE os que colocaron a igualdade "na axenda política" tanto española como europea, con logros como a Lei de Igualdade, a reforma da lei do aborto e a Lei contra a Violencia de Xénero.
E por iso considera que o voto ao PSOE é unha garantía para que a igualdade non salga precisamente desa axenda política, fronte a unha dereita que recorreu as medidas socialistas. Rubalcaba insistiu en que en materia de igualdade ?fixemos moitas cousas; quedan moito por facer, pero fixemos sobre todo unha cousa: que este sexa un tema político relevante?.
Sinalou que os temas de muller e igualdade sempre están nun lugar preferente nos seus discursos, nos que tamén menciona o empeño que el persoalmente mostrou para que nas listas do PSOE houbese de face ao 20-N máis presencia de mulleres.
Neste encontro tamén interveu Nuria Marín, a alcaldesa de L'Hospitalet. Tras ela tomou a palabra Carme Chacón, que puxo en valor o labor do Goberno de Zapatero en prol das mulleres e pediu o voto ás mulleres "por respecto, por dignidade, por todo o que avanzamos, por todo o que transformamos este país".
Fotos AmecoPress . Trad. Guillermina