A campaña está pensada para fomentar a corresponsabilidade e unha implicación maior de toda a sociedade e da contorna familiar e de amizades das vítimas, cun chamamento especial para que se produzan estas denuncias, ?porque a denuncia é necesaria, para desencadear os protocolos de protección á vítima e darlle seguridade?, dixo a titular de Igualdade.
A peza central da campaña é un anuncio de 2.0, que os espectadores poderán ver a partir de mañá tanto en TVG, como no festival Cineuropa a partir do día 25 de novembro en 112 salas de cine de Galicia. A imaxe da campaña poderá verse tamén nos autobuses urbanos das liñas máis frecuentadas da Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo, e ademais poderá escoitarse nas emisoras de radio.
O cine ante a violencia de xénero
Ademais da campaña, Igualdade programou, en colaboración co CGAI, o ciclo ?Por unha nova mirada: o cine ante a violencia de xénero? que ofrece unha selección de películas que mostran o dramatismo de tantas situacións de violencia que, por razóns de xénero, sofren as mulleres en todo o mundo.
O ciclo, que se celebrará do 22 ao 25 de novembro na sala do CGAI na Coruña, está composto por tres títulos de gran calidade estética, formal e narrativa, Tyrannosaur (2011) de Paddy Considine; Domestic Violence de Frederick Wiseman, unha perspectiva analítica e minuciosa dos malos tratos que, en dous partes, aborda a acción policial, os grupos de terapia, as actividades educativas e os centros de prevención e o rexistro penal; Grbavica (2006) de Jasmila Sbanic, trata sobre as consecuencias da guerra en Iugoslavia, e as múltiples traxedias derivadas do conflito no que as mulleres son vítimas invisibles.
Complementariamente, Igualdade organizou unha exposición de carteis cinematográficos da colección do CGAI, que se inaugurará o 25 de novembro na facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago, no que se fará un percorrido por algunha das múltiples formas e puntos de vista polos que o cine aproximouse á violencia de xénero ao longo da historia.
De igual xeito, os comercios e restaurantes de Galicia van colaborar expondo nos seus establecementos os carteis editados para esta campaña, grazas ao convenio de Igualdade coa Dirección Xeral de Comercio e a Federación Galega de Comercio, que vai distribuír este material entre todos os seus asociados. Asemade, as librerías de Galicia distribuirán marca páxinas da campaña.
Fotos AmecoPress. Trad. Guillermina D.T.