• ?
  • Rexistro

Cerca de 400.000 mulleres sufren maltratos en España

Non freemos nin improvisemos na loita contra a violencia machista
Inmaculada Montalbán, Soidade Cazorla e Miguel Lorente comparten a conferencia inaugural do IV Congreso do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero
Ese é a mensaxe que transmitiron onte Inmaculada Montalbán, presidenta do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero; SoLedad Cazorla Prieto, Fiscal de Sala Delegada Coordinadora contra a Violencia sobre a Muller e Miguel Lorente, delegado do Goberno para a Violencia de Xénero, na conferencia inaugural do IV Congreso do Observatorio contra a Violencia Doméstica e de Xénero, que se celebra desde onte no antigo Salón de Sesións do Senado.

Montalbán, que xa pedira durante a apertura do Congreso que "os recortes non afecten as medidas para frear a violencia", confesou que o futuro "véxoo complicado", na apertura dunha conferencia que levaba precisamente como título "Violencia de Xénero e Xustiza: Ideas para un futuro próximo".

A presidenta do Observatorio explicou que "as axudas sociais e económicas ás mulleres maltratadas permítenlles romper o vínculo co agresor" e mostrouse preocupada porque a crise económica poida traducirse en "recortes que afecten a unha loita dura, longa e complexa" que hai que seguir mantendo fronte á violencia de xénero.

A fiscal de Sala de Violencia sobre a Muller, Soledad Cazorla, pediu "fuxir das tentacións" de modificar a lei integral contra a violencia de xénero porque se se fai "sería improvisar" na loita contra esta secuela social.

Tamén Miguel Lorente lanzou a súa advertencia. O delegado do Goberno para a violencia de xénero dixo que contra a violencia de xénero "fíxose moito, pero se podía facer mais e mellor" e pediu non "hipotecar" a convivencia en tempos de crises co recorte de axudas para estas mulleres.

Valoración do risco Nesta edición o Congreso, que se celebra cada dous anos, abordará como perfeccionar o sistema de valoración do risco das vítimas, ademais de analizar e profundar nos instrumentos preventivos respecto da violencia machista. Montalbán referiuse onte tamén á necesidade de centrar a atención naqueles colectivos dobremente vulnerables, como son as inmigrantes, as mozas e as discapacitadas.
Entre os avances resaltados pola presidenta no traballo desenvolvido polo Observatorio destacou os estudos de sentenzas que axudaron a desmontar "falsos mitos que xustifican a violencia e contribúen ao seu mantemento", como aqueles que defenden que entre as causas da violencia machista está o abuso do alcol, as drogas ou os trastornos mentais ou que existen denuncias falsas por parte das mulleres. Estes mitos, ademais de falsos, "son perversos porque desvían a atención da real raíz".

Protección

Inmaculada Montalbán asegurou que existe unha bolsa de malos tratos que non termina de emerxer ; durante a mañá falou dunha estimación dunhas 400.000 mulleres en España que sofren malos tratos na actualidade e insistiu na educación como "a principal vacúa fronte á violencia".

O obxectivo das institucións e en especial do observatorio, segundo a experta, é protexer ás vítimas, reparar os seus dereitos e axudarlles a saír da violencia, ademais de garantir que non haxa impunidade.

Cazorla, que resaltou o enfoque multidisciplinar do Congreso, pois "o eixo da xustiza non é o único nin o máis importante, na loita contra a violencia machista", asegurou que en "hai que facer fincapé na protección".

Nese sentido valorou a especialización que se foi producindo ao longo dos últimos anos, o avance na elaboración de protocolos, a ampliación de novos recursos, e avogou polo labor do persoal médico na detección precoz da violencia e por buscar un verdadeiro compromiso dos medios de comunicación, ?que informan ben ás tres da tarde sobre un caso de violencia de xénero, pero despois inclúen contidos con valores que precisamente a fomentan?.

Tamén defendeu a necesidade de informar ás vítimas, de cales son os seus dereitos, de xeito moi especial entre as inmigrantes. Miguel Lorente, que comezou a súa intervención dicindo que "a realidade non é un accidente, senón un resultado" avogou por mellorar a aplicación e desenvolvemento de recursos que contempla a lei integral contra a violencia.

Fotos AmecoPress Trad. G.D.T.