Un ano máis temos que facer un día de reflexión, no que nos paremos a cuestionar todo o que nos rodea para ver de buscar solucións a un problema complexo que ten vías, principalmente, a través da educación cívica, da coeducación, polo tanto a longo prazo e mentres que???. Todas as medidas que se tomaron até de agora han ser revisadas e matizadas, melloradas e desenvolvidas en plenitude e terán que ir acompañadas dunha forte concienciación de mulleres e de homes para acadar uns niveis de igualdade que non conciban este desequilibrio da nosa sociedade.
A violencia de xénero ten un obxectivo claro, o de inferiorizar ás mulleres e atemorizalas para
exercer sobre elas un control férreo que afirme o poder patriarcal. Consegue en moitos
casos paralizalas, destruír a súa autoestima e a súa capacidade de reacción. Debemos
romper esta cadea que se nos impón, descubrir os mecanismos de opresión e acabar con eles.
Debemos impulsar un debate social profundo para cuestionarnos todas as estruturas
que reproducen e manteñen esta situación de discriminación das mulleres. É necesario
que a coeducación sexa unha realidade en todos os tramos do ensino e da vida social
en xeral, para facer desaparecer a discriminación e a exclusión que padecemos en moitos
ámbitos, dando paso a unha igualdade real.
É, xa que logo, un traballo de transformación social, intenso e cotiá, o que temos por diante,
en todas e cada unha das esferas nas que nos movemos, para que o 25 de novembro
deixe de ser unha data de necesaria reivindicación.
Guillermina D.T.