Período extraordinario de matrícula no bacharelato a distancia por medios telemáticos.

Poderase matricular no prazo extraordinario, con anterioridade do 30 de abril de 2012 , nos seguintes casos:

Cando acredite documentalmente un cambio na súa situación laboral que lle impida continuar os estudos con regularidade.
En caso de enfermidade prolongada acreditada.
Por outras circunstancias acreditadas que lle impidan continuar os estudos a través da oferta educativa ordinaria ou presencial de adultos.


O procedemento de matrícula é:

1º Solicitude de matrícula no período extraordinario indicando, razoadamente, o caso no que se encontra. A solicitude poderá mandala por calquera dos seguintes medios:

Correo electrónico: iessanclemente@gmail.com
Fax: 981572190
Correo ordinario: IES San Clemente (Rúa San Clemente nº 1 15705Santiago de Compostela.)

Contestaremos, cun sms, a un número de teléfono que deberá pór na solicitude.

2º Unha vez autorizada a solicitude se lle pedira formalizar a matrícula, a documentación:


Documentación acreditativa ca condición extraordinaria que permite realizar a matrícula neste prazo.

Se vostede foi alumno de bacharelato no noso centro, precisa presentar:

Fotocopia do DNI.
Sobre de Matrícula Cuberto que recollerá no IES San Clemente no momento da matrícula.

Se vostede nunca estudiou no IES San Clemente o Bacharelato:

Unha foto tamaño carné.
Unha certificación académica dos estudios realizados (bacharelato ou unha que xustifique o acceso a bacharelato).
Fotocopia do DNI.
Sobre de Matrícula Cuberto que recollerá no IES San Clemente no momento da matrícula.

3º Presente os documentos, co sobre de matrícula cuberto, nas oficinas do IES San Clemente en horario de 9 a 14 horas, luns a venres, e de 17 a 19 horas os martes e xoves.