O ALUMNADO PRESENTARÁSE NO CENTRO ENTRE AS 8'30 E 9 HORAS DO DÍA DO EXAME.
Horario de desenvolvemento das probas
- 9.30 h a 12.20 h : Ámbito científico-tecnolóxico.
- 12,20 h a 12,40 h: DESCANSO.
- 12.40 h a 14.00 h: Ámbito social.
- 16.00 h a 19.45 h: Ámbito da comunicación: lingua galega e literatura, lingua castelá e literatura e lingua extranxeira.
NORMAS PARA O DESENVOLVEMENTO DAS PROBAS LIBRES DA ESO
- O alumnado entrará directamente na aula que teña asignada segundo o seu apelido, debendo volver de novo á mesma ao inicio de cada proba. O alumnado non poderá saír da aula mentres non pasen vinte minutos do inicio da proba. Poderase admitir a aqueles que cheguen con retraso sempre e cando non saíra ninguén da aula.
- Ao rematar a proba o alumnado sairá do centro evitando xerar interferencias na actividade escolar.
- As probas deberán realizarse con bolígrafo negro ou azul.
IDENTIFICACIÓN DO ALUMNADO
- Farase mediante DNI, pasaporte ou carné de conducir ao inicio de cada exame. Así mesmo, o alumnado deberá presentar o resgardo da matrícula.
- O alumnado deixará mochilas e calquera outro material na mesa do profesorado. Así mesmo, realizará as probas desprovisto de gorros, viseiras ou calquera outro elemento que interfira na súa identificación.
SINATURA DA ASISTENCIA
- O alumnado deberá asinar na lista de aula que estará en poder do profesorado encargado da supervisión das probas (en cada un dos ámbitos).
MÓBILES E CALCULADORAS
- Os móbiles deben estar apagados, e está totalmente prohibido o seu uso durante a realización das probas e no interior do centro.
- Poderán utilizarse calculadoras no ámbito científico.tecnolóxico e no ámbito social, quedando prohibido o uso daquelas que sexan programadas.
PUBLICACIÓNS DAS CUALIFICACIÓNS
- As cualificacións das probas publicaranse o día 4 de maio, ás 18:00h, na web www.iessanclemente.net.
- Contra as cualificación poderase presentar reclamación, por escrito (dirixida ao Presidente do Tribunal) no IES San Clemente os días 7 e 8 de maio ata as 13,00h.