O alumnado que, aprobando tódalas materias para a obtención do título de bacharelato, e teña previsto presentarse ás PAU debe efectuar a matrícula, únicamente, o luns día 10 de setembro de 9.00 a 13.00 horas no IES San Clemente, en Santiago.
O alumnado debe acudir ao centro para recoller a documentación para o pago de taxas do depósito do título (49,82 euros) e das PAU (63,67 euros). Unha vez feito o ingreso das taxas na entidade bancaria, debe volver ao centro, portando o DNI, para efectuar a matrícula. Recoméndase chegar con tempo suficiente para realizar os trámites con comodidade.