A CIRCULAR Nº2/2012 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Non respecta o noso calendario e obríganos a establecer como prazo para as reclamacións de 2º de Bacharelato os días 6 e 7 de setembro, e de acordo co procedemento seguinte:
- As cualificacións finais de segundo de bacharelato publicaranse na Web www.iessanclemente.net ás 15:00 h do día 6.
- O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá reclamar ante o profesorado da materia correspondente de acordo co horario seguinte:
- Día 6 de setembro de 17:00 a 20:00 horas para reclamar persoal, telefónica ou telemáticamente.
- Día 7 de setembro de 10:00 a 13:00 horas por calquera das vías: presencial, telefónica ou telemática (Despois das 13:00 horas do día 7 non se terá en conta ningunha reclamación por rematar o prazo).
- O alumnado que non estea conforme coas explicacións do profesorado poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o Departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 7 ás 13:oo horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.
- O alumnado que solicite que o Departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 14:30 a 15:00 horas para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do Departamento correspondente.
- A directora, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 20:00 horas do día 7 de setembro. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.
Nota importante: Non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada. Como por exemplo… só me queda unha materia, por favor apróbeme…