Benvida

Ola a todas e todos os que vos acheguedes a este obradoiro e á intención desta profesora de seguir a traballar pola igualdade de tódalas personas….traballo duro, eterno, xa que nin son a primeira en intentalo, nin, probablemente, por desgraza, serei a última. Segue a quedar moito por facer e máis nas épocas que nos toca vivir, xa que en épocas de crise, as mulleres xuntanse moito máis con todas as desigualdades, sexan de raza, económicas e /ou sociais…case todos os "recortes" son moito máis recortes no mundo das mulleres , somos man de obra de subsistencia e se recorre a elas como man de obra dócil, pola situación, e, porque non dicilo, de sometimento….de feito nos últimos dous anos ten aumentado de xeito importante, a prostitución, por exemplo, economía sumerxida, de subsistencia e de dominación. Polo tanto, case tódalas novas e documentos que eu vos transmitirei neste obradoiro serán realidades moito máis cruas que nos tempos de "bonanza" pasados, que aínda así non eran novas para tranquilizarse.

Quere dicir isto que temos que deprimirnos e pensar que non podemos facer nada????…non, todo o contrario quere dicir que temos que seguir a traballar e facelo con moita máis forza e responsabilidade, que temos que procurar un mundo mellor para todas e cada unha das diferenzas, sexan de xénero ou doutro tipo…que temos que seguir…en definitiva.

Eu co meu grao de area no deserto e desde aquí, tentarei que así sexa e que non vos falten nunca, novas, documentos, ou reflexións en alto, para que poidades meditar a situación real que estamos a vivir.

Grazas a todas e todos os que leedes de cando en vez este blog e o obradoiro. Eu seguirei aquí.

Guillermina domínguez touriño