El Tribunal Constitucional avala el matrimonio homosexual

Sen tempo non foi….é verdade, pero hoxe é un día histórico na consecución da Igualdade, da Democracia real , baseada no respecto ás diferenzas, entre outras cousas….É tan importante e tan "momentazo histórico" coma o día que as sufraxistas viron por vez primeira votar a unha muller (Nova Zelanda 1890) ou coma os e as primeiras sindicalistas conseguiron "negociar" contratos ou horarios máis humanos para o proletariado en xeral….é tan importante como que houbo que agardar 7 anos para que un Tribunal Constitucional, refrendase a unión entre persoas do mesmo sexo, persoas que constitúen Familias, Familias que a ONU ten recoñecidas desde fai máis de vinte anos ( A ONU recoñece máis de vinte tipos de Familias no mundo), persoas que pospuxeron as súas decisións e as súas vidas agardando que se resolvera un contencioso, un recurso a unha Lei que, so polo feito de ser da oposición neses intres, púxose por parte dun partido Conservador, coas influencias claras dos sectores máis conservadores do conservadorismo….entre eles, a Igrexa Católica, e que sen pensar nas consecuencias que lle traía ás persoas, recurrírono….agora din que todos estaban de acordo co asunto…entón…quen puxo o recurso???? quen retrasou e ou atrancou proxectos de vida de moitas persoas???….Pero, este é o momento da celebración, de que toda a Sociedade ten gañado un punto, polo menos, máis de democratización da mesma, de respecto, de xustiza social, que , coa que está caendo….non é pouco….Noraboa a todo un colectivo que leva loitando moito tempo polos seus dereitos e a todas aquelas persoas que se achegaron na loita polo mesmo…..

Guillermina Domínguez Touriño