III Concurso de felicitacións de aninovo
-
O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o III Concurso de felicitacións de aninovo .
-
Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
-
Tema: “O Aninovo”.
-
As postais realizaranse sobre cartolina branca tamaño A5. O deseño será libre e deberá incluír algún desexo ou mensaxe para o ano 2013 en lingua galega. A técnica empregada será libre (cor, branco e negro, collage, ceras…).
-
Os traballos tamén poderán ser presentados en formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi enviándoos a scedlg@gmail.com xunto cos datos persoais.
-
Se se presentan en papel, deben remitirse por correo ordinario ou poderán entregarse na conserxaría do instituto. No sobre será imprescindible indicar o nome, apelidos e curso do participante. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos.
-
O prazo de admisión das postais será até o 30 de novembro ás 12 horas.
-
Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €, todos eles en material escolar e informático. Non se poderán declarar desertos. Os traballos premiados publicaranse na web do instituto.
-
O Instituto San Clemente realizará unha exposición con todos os traballos presentados a concurso e poderá utilizar a postal do 1º premio para enviar como felicitación aos distintos membros da comunidade educativa e externos ao Centro.
-
O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e poderá incluír membros externos ao centro.
-
O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer na terceira semana de decembro.
-
A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.