III Concurso de Postais de aninovo – Galería – Premios

O xurado do III Concurso de Postais de aninovo do IES San Clemente, acordou conceder os seguintes premios:

► Primeiro premio: Pablo Fernández Patiño (Bacharelato a distancia).

► Segundo premio: Pablo Lueiro Torreira (1º SMR).

► Terceiro premio: Adrián Baúlde Trigo (2º SMR).

O primeiro premio está valorado en 100 €, o segundo en 75 € e o terceiro en 50 €, todos eles en material escolar e informático.

Ao concurso presentáronse 30 postais de alumnos que cursan os seguintes estudos: 1º SMR, 2º SMR, 1º ASIR, 2º ASIR modular, 1º DAM, SMR a distancia, Bacharelato a distancia.

Estas tres postais, xunto coa de Alejandro Quintela Barreiro, publicaranse na web da coordinadora galega de EDLG.

Durante a última semana de clase do mes de decembro desfrutaremos dunha exposición no recibidor do instituto.

Os premios entregaranse no acto de fin de curso.

 

Pablo Fernández Patiño

image_gallery

Pablo Lueiro Torreira

image_gallery (1)

Adrián Baúlde Trigo

image_gallery (2)

GALERÍA