8 de marzo de 2013

Digo de novo, porque , o século XXI, de momento, vaia cara á involución neste tema, tamén noutros que competen aos dereitos sociais e humáns máis elementais, pero , hoxe, o que nos ocupa é este. O nivel de conciencia feminina e feminista, por ese orde, non medra, máis ben decrece….feminina porque debería de ser un nivel que nacera coas mulleres por riba de todos, e feminista porque mulleres e homes deberían telo, como un dereito humán e social máis….A realidade actual nos leva a pensar que involucionamos fortemente, pola cris ¿¿??, porque a alguén lle interesa que así sexa (poderes fácticos…Igrexa…gobernos conservadores a ultranza….), porque nas crises aprovéitase para infundir medo a unha cidadanía desencantada polas loitas feitas e os dereitos conseguidos, e, ese medo, consigue bloquear calquera iniciativa progresista e de avance, por "medo" a desestabilizar o pouco que quede da ORDE "estabrecida". Pero non debemos caer no desánimo, máis ben todo o contrario, eu son das que penso que o século XXI, aínda que eu non o chegue a ver, é o século da "cidadanía" e polo tanto do neofeminismo, no que se conta directamente con que mulleres e homes non toleren diferenzas por sexo, nin outro tipo de diferenzas…así o espero e así creo que as novas xeneracións o contemplen.

Até a propia Igrexa católica, empeza a ter voces disidentes de teólogas e teólogos que denuncian o "servilismo" das mulleres dentro da propia institución, non poden chegar a administrar ningunha xerarquía, ningún sacramento e, por suposto non se escoita a súa voz para escoller, bispos, cardenais, Papas ou cargos de significación que poderían cambiar o aspecto en fondo e forma, dunha Igrexa anclada no pasado e sen apenas nada que ver coa realidade dun mundo plural.

Sen ir máis lonxe, a ONU fai moitos anos que ten recoñecido, polo menos, trece tipos de Familia no mundo, a Igrexa católica, só acepta un modelo da mesma…lonxe da realidade cotiá onde hai familias de todo tipo, monomarentais, monoparentais, homosexuais, extensas….etc.

O día internacional da Muller, eu prefiro, das Mulleres, está aí, e estará, mentres a sociedade en xeral non se de de conta dos papeis que ocupa e pode ocupar a muller, as mulleres, no crecemento da mesma….Sempre a pluralidade de opinións e de visións da vida, foi máis rica e fixo medrar máis á humanidade que a parcial.

Os lemas son varios neste ano:

  • Vigo: A débeda dos gobernos é coas mulleres, non coa banca
  • A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar, en rolda de prensa, a campaña do 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, que se desenvolve este ano baixo o lema de “FARTAS!”.
  • Santiago de compostela: Mulleres Galegas en Loita polos nosos dereitos

En definitiva….o novo feminismo está a rexurdir, así o creo e así o podedes ler no seguinte enlace, marabillosa exposición do que hoxe en día é xa unha realidade:

http://cultura.elpais.com/cultura/2013/03/03/actualidad/1362330148_966428.html

 

Guillermina D.T.