B A S E S
1. Poderá participar o alumnado de todos os centros europeos por medio do proxecto eTwinning Letras Galegas 2013 – Roberto Vidal Bolaño, ademais do alumnado do IES San Clemente.
2. Tema: o marcador debe recoller algunha imaxe relacionada con Vidal Bolaño ou a súa obra e tamén algún texto alusivo, fragmento, frase curta, etc.
3. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 15 de maio ás 14 horas e o xurado dará a coñecer a súa decisión na semana seguinte á das “Letras Galegas”.
4. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.
5. Cada marcador deberá ter dúas caras.
6. Medidas: 18×5 cm.
7. Os traballos poderán estar realizados en calquera tipo de material e poderán ser presentados en papel ou en formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
8. Se se presentan en papel, deben remitirse por correo ordinario ou poderán entregarse na conserxaría do instituto. No sobre deben figurar os datos persoais do concursante.
9. Tamén se poden presentar en formato dixital enviándoos a scedlg@gmail.com xunto cos datos persoais.
10. O IES San Clemente poderá realizar unha exposición con todos os traballos presentados a concurso.
11. Haberá un primeiro premio por valor de 100€, un segundo por valor de 75€ e un terceiro por valor de 50€, en material escolar e informático. Se a calidade dos traballos o merece, ampliaranse os premios.
12. A participación neste concurso implica a total aceptación das presentes bases.
Edicións anteriores:
- Letras Galegas 2011 – Lois Pereiro
- Letras Galegas 2012 – Valentín Paz Andrade