XXVI CONCURSO LITERARIO IES SAN CLEMENTE

B A S E S

1. O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o XXVI Concurso Literario.
2. Poderán participar os alumnos e alumnas do centro nas distintas modalidades (ESO a distancia, Bacharelato a distancia e Ciclos Formativos).
3. Establécense dúas modalidades: relato e poesía. Cada participante poderá entregar un traballo en cada modalidade. Estes deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre e escritos en galego na normativa vixente.
4. A extensión máxima para o relato é de 5 folios aproximadamente, e a mínima de medio folio, escritos a dobre espazo en letra Arial 12. Na modalidade de poesía, a extensión é libre.
5. Os orixinais conterán só o lema ou pseudónimo, o título e o texto, e deberán enviarse ao instituto por correo postal ou entregarse na conserxaría do centro en sobre pechado, que estará identificado co lema e o título da obra. Neste sobre, introducirase outro máis pequeno, tamén pechado e identificado co mesmo lema e título da obra, que conterá os datos persoais (nome e apelidos e DNI) do participante nun papel pregado.
6. Tamén se poden presentar en formato dixital enviándoos a scedlg@gmail.com xunto cos datos persoais.
7. O prazo máximo para a entrega dos orixinais é o 15 de maio de 2013 ás 14:00 horas.
8. Haberá un primeiro premio de 100€, e un segundo de 75€ en cada modalidade. Os premios poderán quedar desertos a criterio do xurado. Os textos premiados publicaranse na web do instituto.
9. O xurado estará composto por persoas relacionadas co mundo do ensino e da literatura e poderá incluír membros externos ao centro.
10. O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer na semana seguinte á das “Letras Galegas” (do 20 ao 24 de maio).
11. A participación no Concurso supón a aceptación destas bases.