Limitada para exercer tódalas obrigas que se me encomendan e humana para poder comprender o mundo que nos toca vivir….Escoito que levamos 11 asasinadas pola violencia machista…pode, incluso, parecernos un número insignificante tralos números que escoitamos tódolos días de mort@s en accidentes de tráfico, en guerras máis ou menos declaradas oficialmente…etc…pero, paradeos a pensar nun momento, as consecuencias desas mortes, deses asasinatos por violencia machista…familias destrozadas, fillas e fillos marcad@s para sempre…áqs veces penso que o ser humano non pode ser tan cruel…pero cando recibo unha nova deste calibre…teño que pensar que podemos chegar a calquera cousa, a cometer calquera barbaridade se non é pola educación…é o único que, moitas veces, nos salva de non cometer determinadeas tropelías e barbaridades.
Hoxe levamos 11 asasinadas, polo menos oficialmente, xa que hai algunhas que non se contabilizan estatísticamente porque morren a consecuencias de….ou porque, simplemente, algunha institución non as recoñece como violencia machista…
Non podemos decaer, temos que seguir traballando para que ningunha muller, sexa tratada, maltratada, manipulada, dobregaga, humillada ou asasinada, polo simple feito de selo….de ser muller….
Seguiremos falando….