Seis alumnos e alumnas do colexio INETE de Lisboa comezan as súas prácticas en empresas de Compostela no marco do programa Leonardo da Vinci.
O IES San Clemente é o centro intermediario. Na semana pasada tiveron clases de galego, español e actividades culturais da man da profesora Dolores Díaz e do profesor Afonso Pena.
As empresas que acollen este alumnado son Mestrelab, Arantia, Hotel Araguaney e Óptica Val.