Reclamacións de primeiro e segundo de Bacharelato (días 6 e 9 de setembro)

PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DE 1º E 2º DE BACHARELATO E RECLAMACIÓNS

As CUALIFICACIÓNS de 1º e 2º de bacharelato publicaranse na web a partir das 16.00 horas do venres día 6 de setembro.
As RECLAMACIÓNS faranse de acordo co procedemento seguinte:

  • RECLAMACIÓNS DE 1º DE BACHARELATO 

Establécese como prazo para as reclamacións de 1º de bacharelato os días 6 e 9 de setembro.

O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá reclamar ante o profesorado da materia correspondente de acordo co horario seguinte:

– Día 6 de setembro, venres de 17:00 a 19:00 horas para reclamar persoal, telefónica ou telemáticamente.

– Día 9 de setembro, luns de 10:00 a 13:00 horas por calquera das vías indicadas anteriormente (Despois das 13:00 horas do día 9 non se terá en conta ningunha reclamación por rematar o prazo).

  • RECLAMACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO 

A CIRCULAR Nº2/2013 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. Establece que as reclamacións realizaranse o 6 e 9 de setembro de acordo co seguinte procedemento:

– As cualificacións finais de segundo de bacharelato publicaranse na Web www.iessanclemente.net ás 16:00 h do día 6 de setembro.

– O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente poderá reclamar ante o profesorado da materia correspondente de acordo co horario seguinte:

• Día 6 de setembro, venres de 17:00 a 19:00 horas para reclamar persoal, telefónica ou telemáticamente.

• Día 9 de setembro, luns de 10:00 a 13:00 horas por calquera das vías indicadas anteriormente (Despois das 13:00 horas do día 9 non se terá en conta ningunha reclamación por rematar o prazo).

– O alumnado que non estea conforme coas explicacións do profesorado poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o Departamento da materia correspondente revise a súa cualificación. O prazo para a presentación da instancia remata o día 9 de setembro ás 13:00 horas. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

– O alumnado que solicite que o Departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 14:00 a 15:00 horas para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do Departamento correspondente.

– A directora, na súa chamada, informaralle ao alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 18:00 horas do día 9 de setembro. A instancia pódese descargar AQUÍ ou solicitala na oficina do centro.

Nota importante: Non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada. Como por exemplo… só me queda unha materia, por favor apróbeme…!