Convocatoria FCT no estranxeiro: outono de 2014 / previsión para 2015

Outono de 2014

Consonte o Plan de modernizacion e internacionalizacion do centro, o IES San Clemente convoca varias prazas para realizar a FCT no estranxeiro durante outono de 2014, subvencionadas polo programa Erasmus+.

Os destinos habituais son:

  • Ciclo Medio: empresas de Lisboa.
  • Ciclos Superiores: principalmente empresas de Dublín. Consultar outros posibles destinos como Alemaña ou Portugal.

Na actualidade non temos concedidas as prazas pero estímase que serán dúas para CM e catro para CS.

O alumnado de 2º ano modular e a distancia que estea interesado debe solicitar por escrito formar parte do proceso de selección e participar nas actividades de formación lingüística e cultural en orixe durante o terceiro trimestre e/ou setembro (20 horas).

Previsión para 2015

O alumnado de calquera curso e modalidade (presencial, modular e a distancia) que teña interese inicial en realizar as prácticas no estranxeiro durante 2015, debe comunicalo por escrito utilizando os seguintes formularios:

  Formulario Interesados Ciclo Superior 2015

O alumnado de ensino presencial terá unha convocatoria formal no mes de outubro de 2014, para realizaren a FCT en primavera de 2015.

O alumnado de ensino modular e distancia terá unha convocatoria formal no mes de xaneiro de 2015, para realizaren a FCT en outono de 2015.

Entrega de solicitudes

Prégase cubrir as solicitudes no computador, non a man. A sinatura pode ser feita a man, escaneada ou dixitalizada.

  • O alumnado presencial debe entregar as solicitudes na oficina.
  • O alumnado a distancia pode entregala na oficina ou enviala por Fax (981 572 190) ou correo electrónico ao enderezo: mvence@edu.xunta.es

 

Data límite: 24 de xaneiro de 2014.
Poden consultar calquera dúbida por email: mvence@edu.xunta.es

Máis información sobre Erasmus+