Aborto libre e gratuito

Independentemente de cuestións morais, nas que non vou entrar, por razóns obvias, xa que considero que a moralidade pertence a cada persoa, nunca me puiden explicar ese “fundamentalismo” que pretende “salvar” a todo o mundo, neste caso ás mulleres de “caer nun tremendo mal”….Quen son xuices , políticos e igrexa, como non, para intervir , irrumpir  na moralidade de ninguén….Coñezo mulleres que polas razóns que fosen, nunca se me ocurriu preguntarlles, abortaron, nunca vin a ningunha feliz e encantada de ter que chegar a tomar tamaña decisión, meditada e sufrida pero decisión ao fin e ao cabo. O dereito das mulleres a decidir como persoas adultas que somos, non como tuteladas coma no Franquismo, é un dereito indiscutible, levo máis de 30 anos pelexando con moitas mulleres para conseguir seren respectadas ante a sociedade cos dereitos que temos que ter coma cidadás de pleno dereito, e un deles é o dereito a tomar decisións sobre o noso corpo….”nos parimos, nos decidimos”….

Non coñezo a ningún Concello que teña un empregado ou empregada dedicados a ir polas casas e levar ás mulleres embarazadas a abortar, nin , espero, a non abortar, é unha decisión, difícil, dura e, sobre todo, moi personal .

Temos pelexado moito, pero , como vedes, a Historia non é liñal e involuciona, poden existir leis moito máis progresistas fai 70 anos que agora mesmo….a miña aboa, puido votar, abortar , divorciarse e traballar, a miña nai, xa non puido facer nada diso, e a miña xeneración tivemos que loitar moitos anos para conseguir leis (divorcio no 82, aborto, voto, estudos superiores…etc) …non son horas de perder dereitos e volver ás peores etapas da nosa Historia, sn momentos de evolucionar e progresar.

Querer impoñer , por decreto, unha Lei que afecta a toda unha poboación, destruíndo os avances de moitos anos non é máis que a representación dunha Ditadura ideolóxica, dunha praxis que a dereita máis conservadora, iso sí votada por unha maioría, cre que ten todo o dereito a facer en función de que considera representa a toda a poboación, neste caso a todas as mulleres.

É o que lle chaman “ORDE” esa palabra tan perigosa que ten tras de si, impoñer unha orde estabrecida que algúns consideran a única válida, faltándolle ao respeto a toda a cidadanía.

Que faría este Ministro tras eses partos non desexados????amparar ás nais, aos fillos e fillas nad@s nun núcleo de non desexad@s???’ dubidoo moito e , aínda que así fora, non ten dereito a impoñelo.

Isto me trae á memoria a aquela Pastoral que Juan pablo II envió a las mujeres Bosnias que na guerra de la Ex-Yugoslavia fuoron violadas como botín de guerra y, moitas, embarazadas, abortaban, sendo obxecto de esa Pastoral, y recomendándolles que non o fixeran, nunca recomendándolle aos homes que as violaban que iso si que era un verdadeiro crime….Non temos avanzado moito….temos que seguir traballando polos nosos dereitos fundamentais, como adultas, cidadás de pleno dereito…..

Guillermina Domínguez Touriño