8 de Marzo 2014

Temos que seguir reflexionando contra da Violencia Machista....
25 de Novembro 2013

Incrible que esteamos no século XXI e que teñamos que seguir nomeando un día, de 365, para conmemorar, que non celebrar, para recordar, que a IGUALDADE aínda non está nin moito menos conseguida e que , por riba, está en perigo de desaparecer en moitos dos mal chamados países democráticos…..As liberdades conseguidas por Olimpia de Gouges, por “Seneca Falls”, pr Mrs. Pankhurst , por tantas e tantas non nomeadas na Historia oficial, está a piques de desaparecer polas decisións tomadas desde unha perspectiva nada feminista nin nada feminina, desde unha visión sesgada e subxectiva dunha parte da sociedade, política, conservadora a ultranza que pretende infundir a súa “moralidade” particular, e moi respectable, a toda unha poboación con multitude de perspectivas e moralidades tan respectables ou máis….Todo o que sexa impoñer…vai por mal camiño…”prohibido…prohibir”…decíase no Maio do 68….unha vez que se comeza, xa non hai límites….A moralidade de cada quen é única, individual e moi respectable, e , sobre todo, moi democrática…as imposicións e prohibicións teñen moi pouco ou nada de democráticas….

Seguimos a ter diferentes salarios, seguimos sendo man de obra de recurso nas crises e maior número de paradas que de parados, que preferiblemente non tería que haber ningún e ningunha, seguimos a ser tuteladas por uns varóns na política que pretenden meterse nas nosas entrañas e decidir o que é bon ou malo, catalogación moral que ninguén lles pediu, para os nosos corpos e as nosas vidas, coma se fósemos rapazas pequenas sen criterio de ningún tipo…

O día 8 de Marzo de tódolos anos desde que Clara Zetkin , en 1910, no contexto dunha conferencia de mulleres socialistas celebrada en Copenhague, propuso que o 8 de marzo fose o Día Internacional da Muller, resolución que quedou aprobada desde entón, non é unha “celebración, xa que non temos moito que celebrar, sí é unha conmemoración, un recordo que nos temos que seguir facendo tódolos anos de que aínda seguimos a ter un alto grao de discriminacións, polo simple feito de ser mulleres, de ser, diferentes a o patrón estabrecido que na maioría dos países, segue a ser masculino.

Polo tanto, e resumindo, coidado!!!!, a Historia non é lineal, ás veces involuciona, frea ou se atranca….non están os tempos para relaxar ningunha loita social, e moito menos a que as nosas predecesoras comezaron e lograron….Non podemos desprezar ese traballo feito por elas, temos que seguir traballando, mulleres e homes de todo o mundo, para conseguir a igualdade rela de xénero, a pesares de que o informe da ONU nos diga que faltan 400 anos para tal realidade….paga a pena de loitalo para as que veñan tras de nós…Por un mundo máis igualitario, máis xusto e máis feminino…en violeta sempre

Guillermina Domínguez Touriño