Programa Galeuropa

Axudas da Consellaría de Traballo e Benestar para a realización de prácticas formativas non remuneradas en empresas do estranxeiro, durante oito semanas.

Para persoas recentemente tituladas en ciclos medios ou superiores de FP, de entre 18 e 30 anos, cun nivel de lingua certificado A1 ou superior.

Orde do 20 de febreiro de 2014 (DOG 28-2-2014)

Prazo de presentación de solicitudes até o 28 de marzo de 2014.