…Que non da nosa denuncia constante e da nosa loita polos dereitos máis esenciais. Eses dereitos que estamos a piques de perder, tras tantos e tantos séculos de esforzo de tantas persoas que os conseguiron. Cando historicamente nos deixan un legado deberiamos mimalo e desenvolvelo, isto é como cando nos deixan unha herencia material e temos a obriga moral de levala ata as últimas consecuencias. No caso das conquistas dos dereitos humanos, é unha obriga moral ao cen por cen….non podemos, non debemos esquecer que moitas persoas antes ca nos, deixaron as súas vidas por conquerilos e que temos esa obriga moral de mantelos e desenvolvelos máis , se cabe.
Os dereitos á igualdade deberían ser innatos, non se deberían nin discutis, pero sabemos que , no noso mundo , non é así….violencia sexual contra as mulleres, principalmente, contra a homosexualidade, contra as diferenzas, en definitiva, sexan de raza, sexo, cor ou calquera …..Seren diferentes nos enriquece ou debería de enriquecernos, a pluralidade é beneficiosa para medrar nun mundo tan diverso como o noso….A uniformidade nos convertiría en “alfas”, “betas” ou “omegas” como dicía Aldous Huxley na súa obra “Un mundo Feliz”….
Este curso que remata deunos unha serie de “novas” preocupantes ao respecto, todo son prohibicións, o aborto, as manifestacións populares , sexan de contestación, de ledicia ou do que sexa….preocupante, digo, porque debería “prohibirse…prohibir”….educar en toda a súa extensión, educar a unha cidadanía do século XXI, debería ser o obxectivo, e trala educación cívica ven a corrección cívica, a convivencia serena que sabe respectar a diferenza en calqueira das súas formas….Eu seguirei traballando en pro de todas estas diferenzas….xa o dícía miña nai….que eu era “defensora de pleitos pobres”….sí, probablemente , porque apenas consigo nada…pero non por iso deixo de traballalo, creo, aínda, no ser humano e creo na EDUCACIÓN, a poder ser pública sempre, e tamén creo que un grao de area fai deserto….polo que seguirei comunicando Novas, colgando Documentos e falando neste Blog, para quen decida abrilo , lelo e reflexionalo comigo…..Grazas polo voso tempo, grazas por deixarme intentalo….Ata Setembro….
Fin do curso 2013-2014
Guillermina Domínguez Touriño