RECLAMACIÓNS DE 2º DE BACHARELATO:
A CIRCULARNº3/2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que compre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do Bacharelato establecido na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, establece como días para as reclamacións de 2º de bacharelato o 4 e 5 de setembro. Tendo en conta as especiais características destas ensinanzas, as datas de reclamación no IES San Clemente serán os días 5 e 8 de setembro, e de acordo co seguinte procedemento:
- As cualificacións finais de segundo de bacharelato publicaranse na Web www.iessanclemente.net o día 5 de setembro ás 15.00 horas.
- O alumnado que considere que non foi avaliado obxectivamente podera reclamar ante o profesorado da materia correspondente de acordo co horario seguinte:
- Día 5 de setembro, venres de 17:00a 20:00 horas para reclamar persoal , telefónica ou telemáticamente.
- Día 8 de setembro, luns de 10:00 a 13:00 horas por calquera das vías indicadas anteriormente(Despois das 13:00 horas do día 8 non se terá enconta ningunha reclamación por rematar o prazo).
- O alumnado que non estea conforme coas explicacións do profesorado poderá presentar instancia dirixida á dirección, solicitando que o Departamento da materia correspondente revise a súa cualificación .O prazo para a presentación da instancia remata o día 8 de setembro ás 14:00 horas. A instancia pódese descargar Reclamacións Xefe Departamento ou solicitala na oficina do centro.
- O alumnado que solicite que o Departamento revise a súa cualificación deberá ter o seu móbil operativo de 14:00 a 15:00 horas do luns 8 de setembro para recibir a chamada da directora notificándolle a resolución do Departamento correspondente.
- A directora ,na súa chamada, informaralle a o alumnado afectado que se non está conforme coa resolución do Departamento, poderá presentar reclamación ante a Comisión de supervisión ata as 18:00 horas do día 8 de setembro. A instancia pódese descargar Reclamacións Comisión Supervisión ou solicitala na oficina do centro.
Nota importante: Non se terán en conta aquelas instancias que non estean baseadas nos criterios establecidos na circular arriba indicada. Como por exemplo… só me queda unha materia, por favor apróbeme…!
Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2014