Pois si, benvidas e benvidos a un novo curso máis cos problemas similares aos doutros cursos pasados. Seguimos a traballar coa igualdade dexénero, contra da violencia machista e doméstica, pois rapazas e rapaces fill@s desa violencia terán que traballar moito na súa vida para poder superar tal situación, elas para non convertirse en maltratadas e eles para non facelo en maltratadores.
Así as cousas temos por diante un traballo duro, ante unha involución no noso país, que , até fai ben pouco era casi punteiro nalgunhas medidas de igualdade…ficción…pura ficción hoxendía….
Mañán conmemórase o ” Día interancional contra da Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, rapazas e rapaces” que cada 23 de Septembro instaurado pola Conferencia Mundial da coalición contra o Tráfico de persoas.
Só a palabra “Tráfico” xa, per se, ten un significado que espeluzna, soa a algo moralmente deleznable coma ser humano….
Destes días temos varios (25 de Novembro, 8 de marzo….), e sempre coa pouca connivencia ou coñecemento deles….Non se trata de ningunha celebración, pois , por desgraza, non podemos celebrar nada, é unha conmemoración e un recordo para toda a sociedade , fundamentalmente mulleres sobre a desigualdade de dereitos imperante en pleno século XXI….A involución está presente no feito claro dos comportamentos de rapazas e rapaces que seguen a ser educadas y educados pola sociedade en parámetros decimonónicos e que ven como situacións conqueridas ao longo do século XX , estánse a perder sin que ninguén faga nada. Ou que teñen que escoitar “homilías” do tamaño da que segue no enlace (clicade), permitindo que as mulleres que abortan poidan ser violadas….
Ante semellantes discursos , non nos queda outra que seguir a pelexar, a traballar desde a infancia, desde a casa , desde a escola, desde a sociedade en xerala, xa que é un problema social, e temos que contribuír todas e todos a transformar esta sociedade, e buscar un futuro mellor para xeneracións vindeiras.
Ánimo , a seguir traballando, a seguir pelexando os espazos que mulleres e homes han ter por dereito propio.
Eu tentarei de facer un pouco, un grao de areia, nesa toma de conciencia precisa para poder traballar.
Guillermina Domínguez Touriño