Presentación da FCT no estranxeiro

No día 26 de setembro de 2014 presentamos a FCT no estranxeiro ao alumnado de réxime ordinario.

Nun primeiro turno, Pablo Lueiro, participante no proxecto Leonardo da Vinci “FCT Santiago de Compostela – Lisboa 2” durante a primavera de 2014, compartiu a súa experiencia coa alumnado do Ciclo Medio SMR.

Pablo1

Pablo explicou que, xunto con Enrique Moure e Javier Abad, recibiu formación lingüística e cultural por medio da sección bilingüe en portugués (módulo SOR de segundo ano), formación específica financiada polo proxecto Leonardo da Vinci tanto en Compostela como en Lisboa e actividades culturais durante a primeira semana da mobilidade organizadas polo colexio INETE (socio intermediario). Os tres realizaron a súa FCT en varias sedes da multinacional Teleperformance en Lisboa, con grande carga de traballo e responsabilidade. Unha experiencia inesquecible e enriquecedora que recomendou ao alumnado de SMR.

Pablo2

A continuación, o alumnado dos ciclos DAM e ASIR, recibiron información sobre a FCT en Irlanda e noutros destinos e as diferentes posibilidades de financiamento: novo programa Erasmus+, bolsas do MECD erasmus.es e axudas da Consellaría de Educación.

A primeiros de outubro abrirase o prazo para que o alumnado de 2º de SMR, DAM e ASIR ordinario poida solicitar unha bolsa Erasmus+ para realizar as prácticas en primavera de 2015.

 

Máis información: